TRADUCTOR - TRANSLATOR

lunes, 14 de abril de 2014


LEMBRANZA E REIVINDICACIÓN DOS VALORES DA SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA
Loís f. Rodríguez Vázquez

Hai hoxe oitenta e tres anos, comezaba en España, como consecuencia da proclamación democrática da República, un proxecto novidoso de modernización e democratización non visto con anterioridade na nosa patria. Un proxecto político de grande calado que pretendía, nada menos, que dar solución á fractura, existente históricamente no noso país no eido da política social, a división territorial do poder político, a economía e mesmo o asunto da relixión. O proxecto republicano xerou grandes expectativas inundando a sociedade española cunha grande dose de esperanza.
O republicanismo español amosaba uns valores novos de laicismo no Estado, loita contra da inxusticia social, separación da Iglesia Católica e do Estado, e un impulso notable pola extensión do sistema educativo para que chegara a tódolos cidadáns.
Instaurabase o sistema republicano nun momento de depresión no que a sociedade española viña de comprobar que nin o sistema monárquico, ni a Dictadura de Primo de Rivera, souberon, o non quixeron, abordar a solución da situación política xerada por algún feitos históricos como, a irrupción das masas populares na vida política, a aparición dunha tímida burguesía cidadá que pouco, ou nada quería ter que ver có sistema de valores da vella oligarquía, e a crecente politización dos movementos rexionalistas as comunidades periféricas.
O réxime republicano, prácticamente dende o mesmo intre da súa imprantación, caracterizouse como un proxecto político cun potencial transformador moi profundo, que abordóu tódolos problemas plantexados en tódolos eidos, sen ningún tipo de restricción política.
No eido  das actividades económicas agrarias imprantóu una nova lexislación no eido das relación laboráis agrarias. Unha Lei de Termos Municipáis, una Lei de Laboreo Forzoso, una Lei de Actualización dos Arrendamentos Colectivos, una Lei de Xurados Mixtos no traballo rural, a xornada de oito horas no campo, a Prórroga Obligatoria dos Contratos de Arrendamento Agrarios e a Lei da Reforma Agraria.
As políticas reformistas do republicanismo español abrangueron tódalas instancias da nosa sociedade: o Exército, o Sistema electoral, a Relixión, as actividades económicas agrícolas, pesqueiras e industriais, o Sistema Educativo ou a descentralización do poder político atendendo ás reivindicacións das rexións periféricas.
O primeiro grande proxecto das Cortes de 1931 foi a redacción e aprobación dun novo texto constitucional. Unha constitución progresista que incluía, entre outros aspectos, un sistema unicameral, o sufraxio universal sen distinción de sexo que se conseguiu introducir no texto constitucional despóis do memorable debate entre Victoria Kent e Clara Campoamor, o tema da iniciativa lexislativa popular, o control do poder lexislativo sobre o Executivo. Abordábase, por vez primeira a solución da cuestión rexional mediante o denominado Estado Integral Republicano que, facendo un enorme exercicio de dereito comparado, a travesó do estudo e consideración de diferentes textos constitucionais e, tendo una especial influenza da Constitución alemana de Weimar, recoñecía o dereito á autonomía para aquelas rexións que asi o desexasen, graduando a transferenza de competencias, rasgos políticos e constitucionáis. Políticas todas elas que tiveron una grande influenza no noso constitucionalismo actual.
Mais se nalgún eido, os valores éticos e políticos do republicanismo español, tiveron una importancia verdadeiramente rompedora foi, sen dúbida, no tratamento da cuestión da muller.
De tódolos logros da Segunda República española temos de destacar os aportados ao proceso de liberación da muller, que rematóu có papel discriminado e pasivo do que, as mulleres españolas, eran vítimas ata ese intre, de un sistema fundamentado nas ideas monárquicas e católicas, que consideraba á muller tan só no seu papel de esposa obediente e nai exemplar.
A Constitución Española de 1931 eliminóu os privilexios recoñecidos, ata entón, aos varóns. Regulóu o acceso das mulleres aos cargos públicos. Concedeulles o dereito ao voto e mailo dereito a ser elixidas como cargos públicos. Melloraronse os seus dereitos na familia e se permitiu legalmente o divorcio de mútuo acordó. Regulouse o traballo feminino. Protexeuse a maternidade, prohibindo as clausulas de despido por contraer matrimonio ou por maternidade. Estableceuse o Seguro Obligatorio de Maternidade. Aprobouse a equiparació salarial entre ambolosdous sexos. Estableceuse o dereito da muller á patria potestade sobre os fillos. Permitiuse a investigación da paternidade e mailo recoñecemento dos fillos naturáis.
No eido da Educación, permitíronse as escolas mixtas e a coeducación. Quedaron abolidas as materias de estudo domésticas ou relixiosas. Creáronse escolas nocturnas para traballadoras. En Cataluña chegouse máis lonxe ao permitirse a dispensación de anticonceptivos e a despenalización da interrupción voluntaria do embarazo. Decretouse a abolición da prostitución reglamentada.
No se pode falar de muller e república sen honrar, mencionando os seus nomes, a mulleres cuia actuación política foi chave para o proceso de liberación das mullerres españolas promovido, e exercido, polo poder republicano. Foron, entroutras, Margarita Nelkam, Victoria Kent ou Clara Campoamor, sendo esta última deputada quen defendeu, e conseguiu, que o texto constitucional do 1931 recollera o sufraxio feminino.
En 1936 uniríase, a este elenco de deputadas, a figura de Dolores Ibárruri, deputada polo Partido Comunista de España, e que foi una ardente defensora dos dereitos da muller.
Destacaron, ocupando importantes cargos públicos, Francisca Bohigas, María Lejárraga, Matilde de la Torre, Federica Motseny, primera ministra de la historia de nuestro país, encargada de la Sanidad y los Asuntos Sociáis o, Mercedes Maestre, como Subsecretaria de Sanidade.
Neste respecto, o da liberación da muller, a Segunda República española perfílase coma un consunto de valores imprescindibles, un modelo exemplar da dignificación do papel da muller, un Valente desafío á orde establecida, un compromiso de futuro e un exemplo de liberdade e lexitimidade democráticas.
Neste octuaxésimo terceiro aniversario da proclamación democrática de Segunda República española, temos de valorar a grande contribución ética e política da experienza  republicana, non só coma un proxecto reformador e democrático, que o foi, mais, tamén, coma un claro antecedente do conxunto de valores e principios que rixen  noso actual sistema político.
Quero facer pública a débeda que todos temos cos valores da Segunda República española, e honrar a todos aqueles compatriotas que fixeron posible aquela experienza histórica.
Saude e República.

A Coruña, 14 de abril de 2014