TRADUCTOR - TRANSLATOR

lunes, 14 de abril de 2014


LEMBRANZA E REIVINDICACIÓN DOS VALORES DA SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA
Loís f. Rodríguez Vázquez

Hai hoxe oitenta e tres anos, comezaba en España, como consecuencia da proclamación democrática da República, un proxecto novidoso de modernización e democratización non visto con anterioridade na nosa patria. Un proxecto político de grande calado que pretendía, nada menos, que dar solución á fractura, existente históricamente no noso país no eido da política social, a división territorial do poder político, a economía e mesmo o asunto da relixión. O proxecto republicano xerou grandes expectativas inundando a sociedade española cunha grande dose de esperanza.
O republicanismo español amosaba uns valores novos de laicismo no Estado, loita contra da inxusticia social, separación da Iglesia Católica e do Estado, e un impulso notable pola extensión do sistema educativo para que chegara a tódolos cidadáns.
Instaurabase o sistema republicano nun momento de depresión no que a sociedade española viña de comprobar que nin o sistema monárquico, ni a Dictadura de Primo de Rivera, souberon, o non quixeron, abordar a solución da situación política xerada por algún feitos históricos como, a irrupción das masas populares na vida política, a aparición dunha tímida burguesía cidadá que pouco, ou nada quería ter que ver có sistema de valores da vella oligarquía, e a crecente politización dos movementos rexionalistas as comunidades periféricas.
O réxime republicano, prácticamente dende o mesmo intre da súa imprantación, caracterizouse como un proxecto político cun potencial transformador moi profundo, que abordóu tódolos problemas plantexados en tódolos eidos, sen ningún tipo de restricción política.
No eido  das actividades económicas agrarias imprantóu una nova lexislación no eido das relación laboráis agrarias. Unha Lei de Termos Municipáis, una Lei de Laboreo Forzoso, una Lei de Actualización dos Arrendamentos Colectivos, una Lei de Xurados Mixtos no traballo rural, a xornada de oito horas no campo, a Prórroga Obligatoria dos Contratos de Arrendamento Agrarios e a Lei da Reforma Agraria.
As políticas reformistas do republicanismo español abrangueron tódalas instancias da nosa sociedade: o Exército, o Sistema electoral, a Relixión, as actividades económicas agrícolas, pesqueiras e industriais, o Sistema Educativo ou a descentralización do poder político atendendo ás reivindicacións das rexións periféricas.
O primeiro grande proxecto das Cortes de 1931 foi a redacción e aprobación dun novo texto constitucional. Unha constitución progresista que incluía, entre outros aspectos, un sistema unicameral, o sufraxio universal sen distinción de sexo que se conseguiu introducir no texto constitucional despóis do memorable debate entre Victoria Kent e Clara Campoamor, o tema da iniciativa lexislativa popular, o control do poder lexislativo sobre o Executivo. Abordábase, por vez primeira a solución da cuestión rexional mediante o denominado Estado Integral Republicano que, facendo un enorme exercicio de dereito comparado, a travesó do estudo e consideración de diferentes textos constitucionais e, tendo una especial influenza da Constitución alemana de Weimar, recoñecía o dereito á autonomía para aquelas rexións que asi o desexasen, graduando a transferenza de competencias, rasgos políticos e constitucionáis. Políticas todas elas que tiveron una grande influenza no noso constitucionalismo actual.
Mais se nalgún eido, os valores éticos e políticos do republicanismo español, tiveron una importancia verdadeiramente rompedora foi, sen dúbida, no tratamento da cuestión da muller.
De tódolos logros da Segunda República española temos de destacar os aportados ao proceso de liberación da muller, que rematóu có papel discriminado e pasivo do que, as mulleres españolas, eran vítimas ata ese intre, de un sistema fundamentado nas ideas monárquicas e católicas, que consideraba á muller tan só no seu papel de esposa obediente e nai exemplar.
A Constitución Española de 1931 eliminóu os privilexios recoñecidos, ata entón, aos varóns. Regulóu o acceso das mulleres aos cargos públicos. Concedeulles o dereito ao voto e mailo dereito a ser elixidas como cargos públicos. Melloraronse os seus dereitos na familia e se permitiu legalmente o divorcio de mútuo acordó. Regulouse o traballo feminino. Protexeuse a maternidade, prohibindo as clausulas de despido por contraer matrimonio ou por maternidade. Estableceuse o Seguro Obligatorio de Maternidade. Aprobouse a equiparació salarial entre ambolosdous sexos. Estableceuse o dereito da muller á patria potestade sobre os fillos. Permitiuse a investigación da paternidade e mailo recoñecemento dos fillos naturáis.
No eido da Educación, permitíronse as escolas mixtas e a coeducación. Quedaron abolidas as materias de estudo domésticas ou relixiosas. Creáronse escolas nocturnas para traballadoras. En Cataluña chegouse máis lonxe ao permitirse a dispensación de anticonceptivos e a despenalización da interrupción voluntaria do embarazo. Decretouse a abolición da prostitución reglamentada.
No se pode falar de muller e república sen honrar, mencionando os seus nomes, a mulleres cuia actuación política foi chave para o proceso de liberación das mullerres españolas promovido, e exercido, polo poder republicano. Foron, entroutras, Margarita Nelkam, Victoria Kent ou Clara Campoamor, sendo esta última deputada quen defendeu, e conseguiu, que o texto constitucional do 1931 recollera o sufraxio feminino.
En 1936 uniríase, a este elenco de deputadas, a figura de Dolores Ibárruri, deputada polo Partido Comunista de España, e que foi una ardente defensora dos dereitos da muller.
Destacaron, ocupando importantes cargos públicos, Francisca Bohigas, María Lejárraga, Matilde de la Torre, Federica Motseny, primera ministra de la historia de nuestro país, encargada de la Sanidad y los Asuntos Sociáis o, Mercedes Maestre, como Subsecretaria de Sanidade.
Neste respecto, o da liberación da muller, a Segunda República española perfílase coma un consunto de valores imprescindibles, un modelo exemplar da dignificación do papel da muller, un Valente desafío á orde establecida, un compromiso de futuro e un exemplo de liberdade e lexitimidade democráticas.
Neste octuaxésimo terceiro aniversario da proclamación democrática de Segunda República española, temos de valorar a grande contribución ética e política da experienza  republicana, non só coma un proxecto reformador e democrático, que o foi, mais, tamén, coma un claro antecedente do conxunto de valores e principios que rixen  noso actual sistema político.
Quero facer pública a débeda que todos temos cos valores da Segunda República española, e honrar a todos aqueles compatriotas que fixeron posible aquela experienza histórica.
Saude e República.

A Coruña, 14 de abril de 2014

lunes, 9 de septiembre de 2013

PENÚLTIMO INTENTO PARA TENTAR DE FACER ENTRAR EN RAZÓN A TÓDOLOS AFECCIONADOS Á PRÁTICA DA ARTE DA TRIPODOSCOPIA FELINA(1), SEGUIDO DUNHA DECLARACIÓN SOLEMNE NA DEFENSA DA ARITMÉTICA ELEMENTAL, CON UNHA APELACIÓN A SER DECLARADO INOCENTE DA GRAVÍSIMA ACUSACIÓN DE SER O RESPONSABLE DA VERACIDADE DO FEITO INNEGABEL DE QUE: “DÚAS MÁIS DUAS, SON CATRO”.

Loís F. R. Vázquez

1.      O sábado pasado, día 7 de setembro de 2013, na Casa do Pobo da Agrupación Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia, procedeuse á realización dunha Asemblea Extraordinaria coa finalidade de celebrar o proceso de Primarias Consultivas para a elección do Secretario Xeral do partido en Galicia, así como o proceso Electoral para a elección de Delegados ao Congreso Nacional Galego Extraordinario que se celebrará o vindeiro día 29 de setembro.
Con relación a esta segunda votación, e tal e como consta en acta, os resultados foron os seguintes:

            Votos válidos: 329
            Votos en Branco: 5
            Votos Candidatura de Dª Mar Barcón: 186
            Votos Candidatura de D. Carlos González-Garcés: 70
            Votos Candidatura de D. Guillermo de la Fuente: 68

O primeiro proceso que ten de facerse con istes datos é determinar cal é a porcentaxe de votos obtidos por cadansúa das tres candidaturas para determinar cales delas acadan o 20% do voto emitido con relación ao voto válido, que é o mínimo determinado polas normas para ter dereito á representación. O trato aritmético destes datos ofrece os seguintes resultados:

            Candidatura de Dª Mar Barcón: (186/329)*100 = 56.53%
            Candidatura de D. Carlos González Garcés: (70/329)*100 = 21.28%
            Candidatura de D. Guillermo de la fuente: (68/329)*100 = 20,67%

Resultado que supón que as tres candidaturas acadaron a mínima porcentaxe para ter representación no Congreso Nacional Galego.
O segundo proceso que debe facerse é determinar o número de Delegados que lle corresponde a cadansúa das Candidaturas. Dado que os conxunto de votos en branco, como é lóxico e natural, non ten dereito a representación, a estimación do número de delegados que corresponden a dada candidatura debe calcularse sobre o total do “voto con dereito a representación”. O voto con dereito a representación, VCDAR, calculase realizando o seguinte cálculo:
Voto con dereito a representación (VCDAR)= Voto Válido Emitido (VVE) – Voto en Branco (VB). Dado que os resultados de VVE e VB son:
            VVE=329
            VB=5
0 Voto Con Dereito a Representación é:
VCDAR=VVE – VB = 329 – 5 = 324
O que da lugar ás seguintes porcentaxes de representación, expresadas en número de delegados, da cada una das Candidaturas igual a:
Candidatura de Dª Mar Barcón: (186/324)=0.5741 que, aplicado sobre o número total de delegados da como resultado o seguinte:
0.5741*21 = 12.056 delegados
Candidatura de D. Carlos González Garcés: (70/324)=0.2160 que, aplicado sobre o número total de delegados da como resultado o seguinte:
0.2160*21 = 4.536 delegados
Candidatura de D. Guillermo de la Fuente: (68/324)=0.2099 que, aplicado sobre o número total de delegados da como resultado o seguinte:
0.2099*21 = 4.408 delegados
O “redondeo” destas cifras, atendendo aos procedementos matemáticos, atopados en toda a bibliografía matemática, referida á Analise Numérica y mailo Cálculo Numérico, da como resultado os seguintes números de delegados por cada candidatura:

            Candidatura de Dª Mar Barcón:                 12 Delegados
            Candidatura de D. Carlos González Garcés: 5 Delegados.
            Candidatura de Do Guillermo de la Fuente:  4 Delegados.

De aplicarse o proceso de redondeo xustamente ao revés de cómo é, tal e como foi defendío por algúns, ignorantes das normas electorais do Partido ao respecto, así como do coñecemento do Cálculo Numérico Elemental, os resultados serían os seguintes:

Candidatura de Dª Mar Barcón: 12 Delegados
Candidatura de D. Carlos González Garcés: 4 Delegados.
Candidatura de Do Guillermo de la Fuente: 4 Delegados.

Quedando un Delegado no ar non atribuible a ninguna das candidaturas, salvo que algún sabio entenda que os “votos en branco” constitúen una candidatura, apelando, sen dúbida ninguna a aquel que adicábase a asar a manteiga ou mesmo aqueloutro que vendeu o coche para poder comprar a gasolina. Por certo, pode parecer raro, ou mesmo surrealista, mais hainos, e non son poucos, os que creen firmemente que o conxunto de votos en branco constitúe en si mesmo una candidatura. De ahí a pensar que “chove cara arriba” ou mesmo, que na cabeza dun alfiler caben exactamente 4132.27 arcanxos, hay un pequeñísimo paso.
¿Queda claro a falla de fundamento racional da defensa de “facer as cousas ao revés” de cómo realmente son?
¿Queda craro que non por espallar na prensa afirmacións carentes de fundamento racional, una falsedade se convirte nunha veracidade?
¿Queda craro quen ten razón?

2.      Declaro solemnemente, ante iste Tribunal do Santo Oficio, que os axiomas, postulados, teoremas e corolarios da Aritmética, Cálculo Numérico e Análise Numérica, non son susceptibles de seren demostrados polo proceso de “Votación Asemblearia” e aviso aos navegantes da barbaridade intelectual que supón adoitar un pensamento desta natureza.

3.      Prégolle a todo o mundo, especialmente a todos aqueles incapaces de entender estes coñecementos elementales, que acepten conmigo a innegabel veracidade da consideración aritmética de que: “dous máis dous son catro”.
(  (1)   Tripodoscopia Felina.- Conceto que se refire a arte de “buscarle os tres pes ao gato”

lunes, 28 de mayo de 2012

SALUDO

Bienvenidos 

"Fata volenten ducunt, nolentent trahunt"
Lucio Anneo Séneca

          No es fácil, a veces, aceptar que cada pequeño elemento espacio-temporal de nuestra acción y experiencia como seres humanos, está construyendo nuestra biografía, nos está construyendo y, a la vez, modificando nuestras circunstancias, definiendo y decorando el escenario en donde se representará en siguiente acto de nuestra existencia. No es fácil aceptar que nuestras circunstancias, como humanos que somos, están definidas por los demás, que nuestra estructura, acción y experiencia lo es, en términos humanos, siempre que lo es en función del ser, la estructura, acción y experiencia de los demás humanos. No es fácil, pero así es.
         Y una vez aceptado este fundamento social en la construcción del ser humano, poco se puede hacer, si se desea ser, en nuestra humana naturaleza, que aceptar esta realidad, "fata" en términos de Séneca, abriendo nuestro pensamiento y nuestra acción al intercambio con el pensamiento y la acción de los otros para así, de este intercambio, de esta interacción social hacernos cada uno de nosotros, hacer humanidad.
          De esta aceptación de nuestra naturaleza surge este este espacio en la Red, este humilde blog, que no pretende sino ser el cauce del intercambio de conocimiento, de pareceres, de opiniones entre todas las personas que tengan algo que decir, que tengan algo que compartir, o que tengan interés en atender mis humildes opiniones, o quieran tomar prestados algunos de los conocimientos que he ido adquiriendo a lo largo de mi existencia y que, tal vez, puedan resultarles de utilidad.
          Pido tan sólo respetemos tres principios en nuestro obrar, el primero, ser absolutamente libres en vuestra relación para conmigo; siendo el segundo, hablar con conocimiento y el tercero, mostrar un respeto absoluto por aquel que no piensa somo nosotros, pues, es él el que nos puede poner sobre la pista de nuestro error.
          Por lo demás, sentid este espacio como si de vuestra casa se tratara. Sed bienvenidos.