LEMBRANZA E REIVINDICACIÓN DOS VALORES DA SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA
Loís f. Rodríguez Vázquez
Hai
hoxe oitenta e tres anos, comezaba en España, como consecuencia da proclamación
democrática da República, un proxecto novidoso de modernización e
democratización non visto con anterioridade na nosa patria. Un proxecto
político de grande calado que pretendía, nada menos, que dar solución á
fractura, existente históricamente no noso país no eido da política social, a
división territorial do poder político, a economía e mesmo o asunto da
relixión. O proxecto republicano xerou grandes expectativas inundando a
sociedade española cunha grande dose de esperanza.
O
republicanismo español amosaba uns valores novos de laicismo no Estado, loita
contra da inxusticia social, separación da Iglesia Católica e do Estado, e un
impulso notable pola extensión do sistema educativo para que chegara a tódolos
cidadáns.
Instaurabase
o sistema republicano nun momento de depresión no que a sociedade española viña
de comprobar que nin o sistema monárquico, ni a Dictadura de Primo de Rivera,
souberon, o non quixeron, abordar a solución da situación política xerada por
algún feitos históricos como, a irrupción das masas populares na vida política,
a aparición dunha tímida burguesía cidadá que pouco, ou nada quería ter que ver
có sistema de valores da vella oligarquía, e a crecente politización dos
movementos rexionalistas as comunidades periféricas.
O
réxime republicano, prácticamente dende o mesmo intre da súa imprantación,
caracterizouse como un proxecto político cun potencial transformador moi
profundo, que abordóu tódolos problemas plantexados en tódolos eidos, sen
ningún tipo de restricción política.
No
eido das actividades económicas agrarias
imprantóu una nova lexislación no eido das relación laboráis agrarias. Unha Lei
de Termos Municipáis, una Lei de Laboreo Forzoso, una Lei de Actualización dos
Arrendamentos Colectivos, una Lei de Xurados Mixtos no traballo rural, a
xornada de oito horas no campo, a Prórroga Obligatoria dos Contratos de
Arrendamento Agrarios e a Lei da Reforma Agraria.
As
políticas reformistas do republicanismo español abrangueron tódalas instancias
da nosa sociedade: o Exército, o Sistema electoral, a Relixión, as actividades
económicas agrícolas, pesqueiras e industriais, o Sistema Educativo ou a
descentralización do poder político atendendo ás reivindicacións das rexións
periféricas.
O
primeiro grande proxecto das Cortes de 1931 foi a redacción e aprobación dun
novo texto constitucional. Unha constitución progresista que incluía, entre
outros aspectos, un sistema unicameral, o sufraxio universal sen distinción de
sexo que se conseguiu introducir no texto constitucional despóis do memorable
debate entre Victoria Kent e Clara Campoamor, o tema da iniciativa lexislativa
popular, o control do poder lexislativo sobre o Executivo. Abordábase, por vez
primeira a solución da cuestión rexional mediante o denominado Estado Integral
Republicano que, facendo un enorme exercicio de dereito comparado, a travesó do
estudo e consideración de diferentes textos constitucionais e, tendo una
especial influenza da Constitución alemana de Weimar, recoñecía o dereito á
autonomía para aquelas rexións que asi o desexasen, graduando a transferenza de
competencias, rasgos políticos e constitucionáis. Políticas todas elas que
tiveron una grande influenza no noso constitucionalismo actual.
Mais
se nalgún eido, os valores éticos e políticos do republicanismo español,
tiveron una importancia verdadeiramente rompedora foi, sen dúbida, no
tratamento da cuestión da muller.
De
tódolos logros da Segunda República española temos de destacar os aportados ao
proceso de liberación da muller, que rematóu có papel discriminado e pasivo do
que, as mulleres españolas, eran vítimas ata ese intre, de un sistema
fundamentado nas ideas monárquicas e católicas, que consideraba á muller tan só
no seu papel de esposa obediente e nai exemplar.
A
Constitución Española de 1931 eliminóu os privilexios recoñecidos, ata entón,
aos varóns. Regulóu o acceso das mulleres aos cargos públicos. Concedeulles o
dereito ao voto e mailo dereito a ser elixidas como cargos públicos. Melloraronse
os seus dereitos na familia e se permitiu legalmente o divorcio de mútuo
acordó. Regulouse o traballo feminino. Protexeuse a maternidade, prohibindo as
clausulas de despido por contraer matrimonio ou por maternidade. Estableceuse o
Seguro Obligatorio de Maternidade. Aprobouse a equiparació salarial entre
ambolosdous sexos. Estableceuse o dereito da muller á patria potestade sobre os
fillos. Permitiuse a investigación da paternidade e mailo recoñecemento dos
fillos naturáis.
No
eido da Educación, permitíronse as escolas mixtas e a coeducación. Quedaron
abolidas as materias de estudo domésticas ou relixiosas. Creáronse escolas
nocturnas para traballadoras. En Cataluña chegouse máis lonxe ao permitirse a
dispensación de anticonceptivos e a despenalización da interrupción voluntaria
do embarazo. Decretouse a abolición da prostitución reglamentada.
No
se pode falar de muller e república sen honrar, mencionando os seus nomes, a
mulleres cuia actuación política foi chave para o proceso de liberación das
mullerres españolas promovido, e exercido, polo poder republicano. Foron,
entroutras, Margarita Nelkam, Victoria Kent ou Clara Campoamor, sendo esta
última deputada quen defendeu, e conseguiu, que o texto constitucional do 1931
recollera o sufraxio feminino.
En
1936 uniríase, a este elenco de deputadas, a figura de Dolores Ibárruri,
deputada polo Partido Comunista de España, e que foi una ardente defensora dos
dereitos da muller.
Destacaron,
ocupando importantes cargos públicos, Francisca Bohigas, María Lejárraga,
Matilde de la Torre, Federica Motseny, primera ministra de la historia de
nuestro país, encargada de la Sanidad y los Asuntos Sociáis o, Mercedes
Maestre, como Subsecretaria de Sanidade.
Neste
respecto, o da liberación da muller, a Segunda República española perfílase
coma un consunto de valores imprescindibles, un modelo exemplar da
dignificación do papel da muller, un Valente desafío á orde establecida, un
compromiso de futuro e un exemplo de liberdade e lexitimidade democráticas.
Neste
octuaxésimo terceiro aniversario da proclamación democrática de Segunda
República española, temos de valorar a grande contribución ética e política da
experienza republicana, non só coma un
proxecto reformador e democrático, que o foi, mais, tamén, coma un claro
antecedente do conxunto de valores e principios que rixen noso actual sistema político.
Quero
facer pública a débeda que todos temos cos valores da Segunda República
española, e honrar a todos aqueles compatriotas que fixeron posible aquela
experienza histórica.
Saude
e República.
A
Coruña, 14 de abril de 2014